Setembro é o mes do alugueiro: como chegar preparado
Se tes unha vivenda para alugar no outono, o que fagas en agosto decide se a alugas a primeira semana ou a finais de outubro.
Setembro concentra boa parte do movemento do ano: cursos que empezan, traslados de traballo, xente que adiou a mudanza para despois do verán. Se tes unha vivenda para alugar no outono, ese pico prepárase agora.
O que convén ter listo antes de setembro
- O certificado enerxético en vigor e a cédula de habitabilidade se a túa comunidade autónoma a esixe.
- As reparacións pendentes feitas, sobre todo as que se ven na primeira visita.
- Fotos novas, con luz de día e sen mobles a medio quitar.
- Decidido de antemán que documentación vas pedir, para non improvisar con cada interesado.
O anuncio fai a metade do traballo
Un anuncio que di o prezo, que inclúe, o andar, se hai ascensor e a orientación filtra só a quen de verdade encaixa. Un que omite datos importantes xera moitas mensaxes e moi poucas visitas útiles, e faiche perder as tardes de setembro amosando o piso a xente que vai caer ao final.
Responder rápido importa máis do que parece
Nas semanas de máis movemento, quen busca escribe a varios sitios á vez e asina no primeiro que lle cadra. Un día de atraso en contestar pode custarche o mellor candidato sen que chegues a decatarte.
Se vas subir o prezo respecto ao contrato anterior, mira antes que se está pedindo de verdade por pisos coma o teu na túa rúa. Un piso ben posto pero por riba de mercado pasa semanas baleiro, e ese mes perdido come a suba.
Buscas ou publicas unha vivenda?
Crea a túa conta gratis en Totukeli en menos dun minuto.